Mitac renova o seu compromiso con Tele Atlas para ofrecer mellores solucións de navegación

venres, 29 de agosto do 2008 Raquel Noya

As empresas Mitac International e Tele Atlas veñen de anunciar a ampliación dos seus acordos para que as filiais de solucións de navegación Mio e Navman empreguen os mapas e contidos dixitais de Tele Atlas en toda a súa gama de dispositivos e produtos de navegación persoal.
O acordo ten unha vixencia de tres anos e amplía a alianza que ambas empresas estableceron no pasado 2005.
Ambas compañías aseguran estar a buscar as mellores solucións de navegación para os consumidores de todo o mundo e “proporcionar os mellores mapas dixitais e as funcións máis innovadoras” para os usuarios de Mio e Navman.
Mediante este acordo, os produtos das devanditas marcas poderán empregar ata o vindeiro ano 2011, a gama completa de produtos e contidos para mapas dixitais de Tele Atlas, incluídos os datos de mapas navegables de 74 países, os puntos de referencia 3D e o modelo de elevación dixital de Tele Atlas, as súas cámaras de seguridade, contidos sobre preto de 30 millóns de puntos de interese (POIs) e produtos adicionais de información para mapas.

PUBLICIDADE