Milleiros de usuarios de todo o mundo proban o novo Dashboard da Xbox 360

mércores, 29 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Polo momento os Games On Demand para Xbox 360 limítanse a títulos da Xbox orixinal

A renovación do Dashboard da Xbox 360 comeza a ser efectiva, de xeito que os usuarios que solicitaron poder probar esta actualización antes de tempo xa puideron dar o salto e incorporar unha serie de melloras que no caso dos usuarios europeos apenas limítase a cambiarlle o nome a un par de apartados (posto que dende aquí non accedemos aos servizos en liña de Netflix). Aínda que a sección de Originales de Xbox agora responda ao nome de Games On Demand para albergar xogos enteiros de Xbox 360 coma descarga (e non só vellos xogos da Xbox orixinal) faltan títulos no catálogo que fagan honra ao cambio de nome, polo que haberá que agardar a ver o lanzamento definitivo do novo Dashboard para ver os primeiros xogos completos de Xbox 360 que chegarán como descarga, o que supón un importante paso para a distribución dixital de videoxogos, aínda que inicialmente vai topar co atranco de que os discos duros habituais nas Xbox 360 teñen unha capacidade bastante limitada (aínda que hai rumores de que podería ampliarse extraordinariamente a capacidade máxima deste tipo de unidades a medio prazo).

PUBLICIDADE