Microsoft renova o Messenger para Mac

mércores, 30 de abril do 2008 Marcus Fernández

O programa de mensaxería instantánea de Microsoft non parecía levarse moi ben cos usuarios de Mac OS X, pero finalmente sae a versión 7 do Messenger para Mac, que está totalmente remodelada, integrándose moito mellor no sistema operativo de Apple e amosando unha aparencia na mesma liña do Office 2008.
Os usuarios corporativos do Messenger poden xa gozar de funcións de audio e vídeo nesta nova aplicación (precisando de Office Communications Server 2007) o que indica que podería estar próxima a incorporación de chat de voz e videoconferencia para usuarios domésticos nas seguintes versións.

PUBLICIDADE