Microsoft publica unha aplicación que facilita a instalación de Windows 7 dende USB

venres, 23 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Os ultraportátiles de baixo custo destacan, entre outras cousas, por carecer de unidade óptica para a lectura de CD ou DVD, polo que a instalación de sistemas operativos nos mesmos non é unha tarefa sinxela, de aí que Microsoft veña de lanzar unha ferramenta chamada Windows 7 USB/DVD Download Tool, que permite gravar unha imaxe ISO do novo S.O. de Microsoft nun DVD ou nunha memoria USB, facilitando así a súa instalación.
Cómpre lembrar que de utilizarse unha memoria USB coma unidade para a instalación de Windows 7 deberá ter unha capacidade mínima de 4 Gb e no proceso formatariase, de xeito que o seu contido inicial sería eliminado.

PUBLICIDADE