Microsoft presentará a galeguización das súas principais aplicacións
luns, 21 de febreiro do 2011
A ConsellerÃa de
Educación e Ordenación Universitaria a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica
LingüÃstica e Microsoft van presentar o vindeiro 24 de febreiro no marco da campaña Vive en galego a tecnoloxÃa, proxecto
que busca difundir na sociedade as últimas ferramentas tecnoloxÃas dispoñibles
na nosa lingua, os paquetes de idioma que permiten o uso de Windows 7, Office
2010, Dynamics CRM e Sharepoint en galego.
O
acto terá lugar ás 19:00 horas no Centro de Arte Contemporánea (CGAC) de
Santiago de Compostela, contando co asistencia do conselleiro de Educación e
Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o secretario xeral de PolÃtica
LingüÃstica, Anxo Lorenzo; e a xerente de relacións institucionais de Microsoft
Ibérica, Monserrat Pardo. Animarán a presentación o actor Rubén Riós, encargado
de conducir o acto, e a gaiteira Susana Seivane.
A posibilidade de utilizar en galego as principais aplicacións informáticas de
Microsoft ten un importante impacto na normalización da nosa lingua, de aà que
a incorporación do galego ás novas tecnoloxÃas sexa unha prioridade, sendo
tamén crucial o impacto que pode ter no contexto laboral, de aà que entre os
programas presentados non estea só o sistema operativo Windows
7 co seus paquete de idioma galego, senón que tamén o popular paquete ofimático
Microsoft Office 2010 tamén ten dispoñible a
súa interface en galego, como a
ferramenta de software de relacións cos clientes Microsoft Dynamics CRM e a
colección de aplicacións de colaboración baseado no explorador web Microsoft
Sharepoint (o que inclúe SharePoint Server 2010, Search Server 2010 e
Office Web Apps 2010).
Dende a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica non só promoven a
galeguización do software de Microsoft, senón que están en colaboración
permanente coas empresas tecnolóxicas
para promover e facilitar o desenvolvemento profesional e as relacións
sociais en galego, facilitando o asesoramento e revisión na localización en
galego dos seus produtos.