Microsoft presenta unha versión luxosa de Lips

venres, 8 de maio do 2009 Marcus Fernández

Microsoft sorpréndenos traendo á tenda madrileña Delitto e Castigo unha edición especial dos micrófonos de Lips decorados con máis de 1.040 delicados cristais de Xilion Rose, cunha copia do xogo musical e unha caixa para conservar este paquete valorado en 500 euros, o que fará delicias dos usuarios de Xbox 360 máis sibaritas.
Para que estes micrófonos deseñados por CrystalRoc cheguen a máis xente, a compañía de Redmond organiza un concurso no que podemos participar enviando por correo electrónico unha fotografía emulando ao noso cantante favorito de xeito glamouroso, divertido e orixinal.

PUBLICIDADE