Microsoft merca Bethesda por 7.500 millóns de dólares
luns, 21 de setembro do 2020
Microsoft
anunciou hoxe a compra de ZeniMax Media, empresa matriz de Bethesda
Softworks, unha das desenvolvedoras e editoras de videoxogos máis grandes do
mundo, a través dunha operación por valor de 7.500 millóns de dólares.
De Bethesda saÃron grandes franquÃas como The Elder Scrolls, Dishonored,
DOOM e Fallout, que agora poderán incorporarse ao catálogo de
Xbox Game Pass, servizo que vén de superar os 15 millóns de subscritores, o que
supón un crecemento do 50% en menos de 6 meses.
O feito de que os estudios propios de Microsoft pasen de 15 a 23, dos que os
seu xogos vaian estar incluÃdos no Game Pass dende o dÃa do lanzamento, sitúa
ao lanzamento das consolas de nova xeración nunha posición moi interesante, xa que
as consolas de Microsoft serÃan as que ofrecen o catálogo claramente máis amplo
e asumible economicamente, mentres que as consolas PlayStation quedarÃan como
principal atractivo algúns desenvolvementos puntuais como os xogos de
Spider-Man ou os traballos de Naughty Dog.
A aposta de Microsoft polo xogo por subscrición tamén vai moito máis aló que as
consolas, aplicándose tamén ao PC e incluso ao xogo na nube (actualmente limitado
a dispositivos móbiles con Android, pero coa esperanza de que Apple chegue a
permitir que no futuro tamén poida levarse ao iPhone a ao iPad).
Actualmente hai algúns traballos de Betheda que están a desenvolverse en exclusiva
para plataformas distintas ás de Microsoft, e aseguran que van respectar eses
acordos, pero a longo prazo Microsoft está a conseguir unha boa posición de cara
a un futuro no que o xogo na nube pode ser crucial, e aÃnda que a compañÃa de
Redmond non vaia gañar a nova guerra de consolas de nova xeración, quedará
nunha situación moi vantaxosa a longo prazo.