Microsoft lanza a 2ª versión de proba do Internet Explorer 8

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A beta 2 do Internet Explorer 8 xa se pode descargar nas súas versións en inglés, alemán, xaponés e chinés simplificado, de xeito que os desenvolvedores de páxinas web e curiosos poden achegarse ao que será o futuro navegador web de Microsoft, que incorpora numerosas innovacións.
Un dos detalles máis importantes que incorpora o novo navegador é un mellor soporte de estándares (o que fai máis doada a realización de webs que funcionen axeitadamente) pero os usuarios verán outras características interesantes coma o InPrivate Browsing, que é un modo de navegación no que se desactiva o historial do programas e que dende Microsoft aseguran que é para evitar que algún usuario dun equipo compartido descubra accidentalmente detalles confidenciais (coma que se lle mercou un agasallo sorpresa) aínda que nos blogs se lle alcuma a esta función coma modo porno, pois permite que a navegación por webs para adultos non quede rexistrada (o que respecta a intimidade dos usuarios á vez que protexe aos menores que poidan atopar accidentalmente webs eróticas con só teclear un par de letras na barra de enderezos do Internet Explorer).

O Internet Explorer 8 incorpora o que popularmente se coñce coma modo porno

Tamén incorpora Web Slices (sistema que permite estar ao día nas actualizacións das webs que máis nos interesen sen ter que visitalas constantemente), suxestións de busca (facilitando a busca integrada no navegador) e o filtro SmartScreen (que mellora a seguridade fronte ao phishing e outras webs con malware).

PUBLICIDADE