Microsoft deixa personalizar lotes de Xbox One para conseguir descontos en xogos e accesorios

venres, 22 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Para facilitar a adquisición dunha consola Xbox One dende Microsoft non só ofrecen numerosos lotes de consolas en distintas configuracións que inclúen certo aforro, senón que agora tamén contan na súa tenda en liña coa posibilidade de personalizar a compra da consola en lotes a medida, no que podemos elixir o pack de Xbox One que nos resulte máis atractivo para logo engadirlle algún xogo con descontos do 10%/20%/40%, accesorios cun aforro de até o 20% e subscricións a Xbox LIVE cun desconte de até o 40%, facendo así máis asumible a compra da consola de Microsoft de nova xeración.
O desconto que pode chegar a conseguirse con este proceso de compra é bastante importante, polo que cómpre telo en conta á hora de dar o paso para facerse cunha Xbox One.

PUBLICIDADE