Microsoft crea unha tecnoloxía de pantallas táctiles que podería revolucionar a informática

mércores, 30 de maio do 2007 Marcus Fernández

Microsoft quere “rachar a barreira tradicional entre a xente e a tecnoloxía con Surface, que sería unha especie de escritorio táctil que pode interactuar cos dedos do usuario así como con obxectos que conten con chip de identificación por radiofrecuencia ou outros protocolos de comunicación sen fíos.
Nun principio se vai poder ver fisicamente en varios casinos en nalgunhas tendas de telefonía móbil, o que será o achegamento ó público deste tipo de panel que permite unha interacción directa de xeito que se poden mover os contidos en pantalla sen precisar do teclado ou o rato, así como incorpora sensores multi-táctiles e que soportaría un manexo multiusuario.
Esta tecnoloxía aínda non está preparada para chegar ó grande público, pero pode supor un adianto do que será o futuro da informática, ó que nos podemos achegar con este vídeo de presentación da tecnoloxía Microsoft Surface:

En Gizmodo tamén se pode ver un vídeo de Bill Gates amosando esta revolucionaria tecnoloxía.

PUBLICIDADE