Microsoft corrixe o fallo de seguridade de Internet Explorer

venres, 2 de maio do 2014 Marcus Fernández

O temido fallo de seguridade que afectaba ás versións da 6 á 11 de Internet Explorer di adeus co comezo do mes de maio, xa que un novo boletín de seguridade de Microsoft corrixe o problema que permitía a execución remota de código no navegador web dende páxinas web deseñadas a tal efecto e, sorprendentemente, aparte de publicala para os sistemas operativos con soporte, dende Redmond decidiron incluír tamén a Windows XP nesta actualización, excepción adoptada ante as repercusións deste fallo e a súa proximidade do fin de soporte estendido deste sistema.
Os usuarios que teñan activadas as actualizacións automáticas no seu sistema non terán que preocuparse, xa que recibirán o parche de xeito automático e desatendido, mentres que o resto de usuarios deberían ir ao apartado de Windows Update no Panel de Control do seu equipo para comprobar se hai novas actualizacións, e así protexer o equipo ante potenciais ameazas.

PUBLICIDADE