Xorde un fallo de seguridade que afecta aos navegadores Internet Explorer dende a versión 6

luns, 28 de abril do 2014 Marcus Fernández

Microsoft está a alertar estes días dun fallo de seguridade descuberto no seu navegador Internet Explorer, dende a versión 6 ata a 11, que permite a execución remota de código, polo que sería posible a creación de páxinas web que aproveiten esta vulnerabilidade.
Para mitigar os problemas que poidan xurdir deste problema de seguridade, dende Microsoft recomendan configurar a seguridade dos navegadores web e de correo electrónico en modos restrinxidos, para evitar que visitemos páxinas web que poidan levarnos a instalar software malicioso nos nosos equipos.
Cómpre lembrar que unha práctica prudente como usuario de Internet xa evitaría este tipo de fallo de seguridade (baseado en visitar páxinas web desenvolvidas especificamente para explotalo), aínda que os usuarios máis temerosos tamén poden optar por empregar Firefox ou Chrome mentres non se publican as actualizacións de seguridade para Internet Explorer.

PUBLICIDADE