Microsoft anuncia o peche de Skype Qik

martes, 23 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Aínda que moitas aplicacións son adquiridas por cantidades económicas millonarias, a longo prazo tenden a supor un lastre se non conseguen evolucionar con certa independencia, e así temos que Skype Qik, ferramenta para o intercambio de mensaxes de vídeo entre individuos e grupos, que Microsoft adquiriu en 2011 por 150 millóns de dólares e que no outono de 2014 pasou a integrarse en Skype, deixará de estar dispoñible a partires do 24 de marzo, polo que advirten aos usuarios do servizo que garden as mensaxes que queiran conservar antes da data indicada tras a que non será posible enviar ou recibir mensaxes.
Con esta decisión Microsoft deixa claro que os xeitos nos que nos comunicamos no móbil continúan a evolucionar, e non ten moito sentido manter pequenas funcionalidades en aplicacións soltas, sendo moito máis razoable potenciar unha aplicación líder como Skype que intentar manter vivo un servizo que practicamente foi esquecido polos usuarios.

Vídeo promocional de Skype Qik

PUBLICIDADE