SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

MeteoGalicia estrea aplicación móbil para Android

martes 31 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

MeteoGalicia, xunto co Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña, o Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), veñen de publicar a aplicación para terminais móbiles Android MeteoSIX Mobile, que permite o acceso a predicións numéricas, tanto meteorolóxicas coma oceanográficas, para calquera punto de Galicia, podendo localizar as consultas no mapa (e gardalas en favoritos) ou facendo uso do GPS do móbil para indicar a nosa posición actual.
O sistema amosa variables como o estado do ceo, a temperatura, as precipitacións, a velocidade e dirección do vento, a cota de neve, a cantidade de neve a humidade relativa, a cobertura nubosa, a presión, a altura e dirección de onda, a temperatura da auga e a salinidade da auga.
Aparte dun acceso da aplicación a pantalla completa, tamén é posible executala coma un widget, de xeito que se facilita a súa consulta dende o propio escritorio dos móbiles con Android.
Esta ferramenta desenvolveuse dentro do Proxecto MeteoSIX, que facilita o acceso aos datos meteorolóxicos e oceanográfica cos que traballa MeteoGalicia en cumprimento coa directiva INSPIRE.

JPEG - 91.1 KB
Polo momento a aplicación MeteoSIX Mobile só está dispoñible para terminais con Android 1.6 ou superior
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS