Mass Effect 3 estrea o episodio descargable Leviatán
mércores, 29 de agosto do 2012
O xogo Mass Effect 3,
que pon fin á saga do Comandante Shepard, pese a chegar a unha conclusión, non
está pechado a ampliar a súa experiencia de xogo, de aà que hoxe estree Leviatán, un novo capÃtulo descargable
que presenta unha subtrama na que Shepard ten que atopar a un ser chamado
Leviatán que poderÃa ter a capacidade de terminar cun segador, pero do que non
se coñece nin da súa existencia nin localización. Este contido descargable
tamén inclúe novas zonas, novos personaxes secundarios e novas armas, e pode mercarse
no Bazar de Xbox LIVE por 800 Microsoft Points (9,6 euros), mentres que a
versión para PS3 e PC custa 9,99 euros.
Os seareiros desta grande saga de Bioware teñen aquà unha nova oportunidade
para ampliar a historia que os cativou durante varios anos e que en breve tamén
poderán gozar dende outras plataformas, xa que Mass
Effect 3 terá unha versión para Wii U a finais
do presente ano, contando con algunhas melloras con respecto das
anteriores versións para PS3 e Xbox 360, como contar cos finais ampliados que hai
pouco chegaron en formato descargable en resposta ás crÃticas recibidas por
moitos usuarios que se sentiron decepcionados polo xeito no que remata a
historia de Shepard. Os responsables desta versión do xogo serán os membros do
estudo Straight Right, filial de Tantalus Media que desenvolveu a versión
para iOS de Need for Speed: Shift 2
Unleashed.
- Leviatán narra unha historia inserida na trama de Mass Effect 3
Trailer do novo DLC para Mass Effect 3