Mario Kart Tour chegará a móbiles o 25 de setembro
martes, 27 de agosto do 2019
Por
fin hai data! O agardado Mario
Kart Tour, o primeiro xogo da franquÃa de Mario Kart para
dispositivos móbiles chegará
a iOS e Android
o vindeiro 25 de setembro, estando xa aberta a súa reserva para recibir unha
notificación cando o tÃtulo estea dispoñible para a súa descarga.
O xogo presentará circuÃtos inspirados en localizacións do mundo real, asà como
outros recuperados da serie de xogos de consola, mantendo a estética e certas
mecánicas clásicas, pero buscando converterse nun free-to-play de éxito,
no que os usuarios recorran a compras dentro da aplicación para conseguir un bo
rendemento económico chegando a unha base de usuarios moi ampla.
Teremos un xogo no que cada dúas semanas trasladará a acción a unha cidade distinta,
na que tamén haberá pilotos temáticos, de xeito que as tempadas serán variadas,
conseguindo asà reter a atención dos usuarios.
Mario Kart Tour conserva
elementos básicos como conducir, derrapar e lanzar obxectos, pero recorrendo a
un sistema de control baseado no uso dun único dedo, polo que non será un
tÃtulo tan profundo como as versións de consola.
No xogo poderemos conseguir distintos pilotos, vehÃculos e ás, asà como
empregar obxectos poderosos para conseguir unha mellor puntuación, e asÃ
progresar nos taboleiros de puntuacións en liña. Queda por ver se conseguirá
converterse no grande lanzamento do ano para móbiles (na liña do Super Mario
Run) ou se quedará nunha posición máis discreta (como aconteceu con Dr.
Mario World).
VÃdeo no que podemos ver como será o xogo en acción