Mancomún coordinará as actividades de software libre no encontro Xuventude Galiza Net

venres, 9 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Imaxe dunha edición anterior de Xuventude Galiza NetO Centro de Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún) asumirá os labores de coordinación das actividades relacionadas coas tecnoloxías e estándares abertos durante o encontro Xuventude Galiza Net que terá lugar entre os días 3 e 5 de abril no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.
Dende Mancomún queren facer un chamamento a todos os axentes integrantes da comunidade (persoais, asociacións e empresas) que queiran propor actividades para a súa incorporación no programa da festa informática galega que celebra este ano o seu 10º aniversario. Estas suxestións deberán remitirse antes do 15 de febreiro por correo electrónico cos detalles do remitente e coa indicación do tipo de actividade (obradoiro, relatorio, actividade no posto de Mancomún, actividade na LibreZona ou outras). As novidades a este respecto iranse incorporando a un Wiki para a ocasión.

PUBLICIDADE