Mañá poderÃa presentarse oficialmente Windows 9
luns, 29 de setembro do 2014
- Terry Myerson aseguraba hai uns dÃas que aÃnda non é oficial o nome da vindeira versión de Windows
Espérase
que mañá Microsoft celebre unha presentación para os medios de comunicación en
San Francisco na que previsiblemente anunciarÃa a nova versión de Windows e
adiantarÃa algunhas das liñas de futuro do sistema operativo de Microsoft, que
nos últimos meses está a avanzar decisivamente cara á integración das súas
distintas plataformas, de xeito que espérase que ordenadores, tablets e
smartphones poidan ampararse baixo un mesmo Windows no futuro (compartindo, por
exemplo, tenda de aplicacións).
Polo momento da vindeira versión de Windows xa se filtraron moitos detalles,
como o novo menú de Inicio, un sistema de escritorios virtuais e un centro de
notificacións, á vez que se comentou a posibilidade de que Cortana se integre
no escritorio (caracterÃstica pola que en España aÃnda teriamos que agardar
bastante, xa que actualmente o asistente de voz de Microsoft non está
dispoñible en español en dispositivos móbiles), quedando como grande incógnita
o nove do novo sistema, que estarÃa a responder ao nome chave Threshold e que moitos esperan que
remate chamándose Windows 9 (aÃnda que oficialmente non hai confirmación de tal
nome, pois incluso hai que considera que Microsoft poderÃa optar a desprenderse
do sufixo do seu sistema operativo).
Onte apareceu accidentalmente
en Technet unha ligazón á versión preliminar para empresa do que describen como
Windows TH (que parece ser o nome abreviado de Windows Threshold), que
terÃa un tamaño aproximado de 4 Gb na súa versión de 64 bits e duns 3 Gb na
versión de 32 bits, e que servirÃa para que os responsables de informática
poidan probar o futuro Windows nos seus sistemas e as súas aplicacións, de
xeito que cando o novo sistema operativo saia oficialmente non haxa atrancos
inesperados. Entre as novidades do novo Windows destacarÃan que é máis seguro,
busca mellorar a produtividade profesional, gaña en integración móbil e coa
nube e permite a actualización do sistema operativo sen retardos.
Outro ruxerruxe sobre o futuro Windows é que, seguindo a liña de Windows 8.1, a
súa actualización serÃa de balde para usuarios de Windows 8 e incluso
poderÃa chegar a anunciarse que tal polÃtica se estenda a Windows 7, o que potenciarÃa
a adopción das versións máis recentes do sistema operativo de Microsoft.