Malestar polo novo servizo de aviso de chamadas perdidas de Movistar

luns, 21 de marzo do 2011 Marcus Fernández

En varios foros especializados en telefonía está a percibirse un claro malestar polo novo servizo de chamadas perdidas de Movistar por terse activado sen solicitude expresa dos seus usuarios pois, pese a ser de balde para os clientes que reciben as chamadas, no caso de que a persoa que realice unha chamada que non poida completarse por estar o teléfono apagado, fóra de cobertura ou por non contesta escoitará unha locución de voz que, de completarse, converterase nunha chamada telefónica que transformarase nunha mensaxe de texto (como xa facía Vodafone co seu DictaSMS) mediante tecnoloxía de recoñecemento de voz.
O servizo de Aviso de Chamadas Perdidas sería moi semellante á caixa de voz, coa diferenza de que só cobrará ao usuario que realiza a chamada a partir dun sinal sonoro e a súa activación non foi solicitada activamente (aínda que pode desactivarse chamando ao número 22217 e seleccionado a opción 2).

PUBLICIDADE