Máis de cen candidaturas optan aos Premios Discapnet da Fundación ONCE

mércores, 16 de febreiro do 2011 Raquel Noya

A Fundación ONCE, coa finalidade de recoñecer as mellores iniciativas e accións que, no campo das TIC, se levan a cabo en España, e premiar a aquelas institucións e empresas distinguidas polo seu compromiso coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade, vén de convocar unha nova edición dos seus Premios Discapnet, aos que optan un total de 116 candidaturas.
Estes premios distinguen dúas categorías; na categoría A, na que se conceden os Premios á Accesibilidade TIC, participan un total de 78 candidaturas que optan a dous galardóns, correspondentes a cadansúas subcategorías.
No caso da categoría B, na que se premia o compromiso coas persoas con discapacidade, optan ao premio 38 candidaturas, as cales tamén se poden facer con dous galardóns en outras dúas subcategorías.
A princesa Letizia será a Presidenta de Honra este ano, no que a web Discapnet celebra o seu décimo aniversario.

PUBLICIDADE