Magneto non vestirá como o Rei de España en Marvel vs Capcom 3

martes, 20 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Un DLC permitirá vestir a magneto co uniforme de Capitan Xeneral dos ExércitosHoxe estaba prevista a chegada do contido descargable para o xogo Marvel vs Capcom 3 chamado The Ancient Warrior Pack, que inclúe traxes alternativos para os loitadores Magneto, Hulk, Sir Arthur e Firebrand, o que creou certa polémica por incluír o uniforme de Capitan Xeneral dos Exércitos de España para o personaxe Magneto, o que causou malestar na Casa Real, e que finalmente non vai precisar de ningunha medida legal pola súa banda, xa que Capcom decidiu adiar o lanzamento deste paquete ao 7 de marzo, confirmando que non conterá os traxes alternativos de Magneto (polo que deberán revisar os prezos deste contido descargable).
A compañía tamén adianta que o vindeiro 10 de xaneiro publicará un Brawler Pack con novos traxes para Spencer, Haggar, Hulka e Iron Fist.

Contraste entre a imaxe promocional de The Pulse: House of M e a fotografía oficial do Rei, que deu pé a esta polémica

PUBLICIDADE