MacFUSE chega á súa versión 2.0

mércores, 10 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O programador de Google Amith Singh leva tempo desenvolvendo MacFUSE, que é adaptación do sistema de arquivos FUSE a Mac OS X, de xeito que se facilita o acceso a particións non soportadas de xeito nativo polo sistema operativo de Apple, coma o sshfs, ftpfs, wdfs (WebDAV), cryptofs, encfs, bindfs, unionfs, beaglefs e mesmo ntfs-3g (o que permite a lectura e escritura en particións NTFS) o que resulta moi útil para usuarios que teñan que acceder a documentos gardados en particións formatadas dende outros sistemas operativos (coma Windows) e que agora chega á súa versión 2.0, que xa é totalmente de 64 bits (o que mellora o seu rendemento) e será compatible co futuro Snow Leopard.

PUBLICIDADE