MOLAB convoca a súa terceira competición de desenvolvemento de videoxogos na Coruña
luns, 11 de febreiro do 2019
A
asociación de desenvolvemento de videoxogos, Monkey
Laboratory (MOLAB), con sede na Coruña, vainos achegar unha Game
Jam entre os dÃas 22 ó 25 de febreiro. A cita, segundo informa
a asociación estudantil, consiste nunha competición na que se
convida aos participantes a crearen un videoxogo integramente nos
dÃas especificados e de maneira non presencial. O evento levarase a
cabo mediante a plataforma online Itch.
Quen
queira máis información sobre as bases de participación pode
atopala na páxina oficial de MOLAB para o evento,
https://itch.io/jam/ii-molab-gamejam.
A temática, que todos os concursantes
deberán
seguir, revelarase o dÃa de inicio da proba.
Segundo
informa a asociación, a análise dos xogos presentados será
realizada por un xurado composto por profesionais galegos do sector
tecnolóxico e dos videoxogos, de empresas como Polygon-e, Imaxin
Software, Xoia Software ou Gato Salvaje, xunto a persoal docente das
facultades de Informática e de Ciencias da Comunicación
Durante
a tarde do xoves 28 de febreiro farase unha xuntanza na Facultade de
Informática da Coruña ás 18:00h. Ese mesmo dÃa, no mesmo lugar,
daranse a coñecer os gañadores nas categorÃas de Mellor
Videoxogo, Game Design, Deseño ArtÃstico e Sonoro e Aplicación
AR/VR. Esta última, principal novidade nesta edición do evento,
contará co patrocinio da empresa Xoia Software, que ofertará un
premio ao gañador da mesma. Xoia, ademais, é co-organizadora do evento e encargarase, tamén, de impartir os obradoiros sobre AR/VR.