Lowi estrea unha tarifa plana móbil de voz que parte de 18 euros/mes

xoves, 3 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Aínda que a meirande parte do consumo móbil foi trasladándose da voz aos datos, moitos usuarios continúan a demandar tarifas planas de voz, e para atender a esta demanda o OMV de Vodafone, Lowi, vén de lanzar unha agresiva tarifa que sen límite que por 18 euros/mes ofrece chamadas ilimitadas a fixos e móbiles estatais con 1 GB de datos en 4G acumulables (os datos que non se consuman nun mes determinado poderán aproveitarse o mes seguinte. Esta nova tarifa é personalizable, de xeito que o usuario pode optar a engadirlle datos en bloques de 200 MB a 1 euro cada un, facilitando así construír unha tarifa que se axuste ao consumo real.
Os novos usuarios de Lowi poderán gozar desta nova tarifa dende xa, mentres que os clientes actuais terán que agardar ao día 1 do mes que vén para poder gozar desta nova tarifa que entre os seus atractivos conta con feito de que os datos gozan de conectividade 4G pese a estarmos ante un OMV.

PUBLICIDADE