Loquillo achega o seu Cadillac Solitario</Em> a Guitar Hero World Tour

venres, 12 de xuño do 2009 Marcus Fernández

En varias ocasións xa comentamos como os xogos musicais coma Guitar Hero e Rock Band aínda incorporando pouco a pouco temas musicais en español ao seu catálogo, en boa medida como un xeito de potenciar os contidos descargables en Europa, e tras Héroes del Silencio, Radio Futura, Extremoduro, Pereza, Fito y Fitipaldis e M-Clan chega agora Loquillo y Trogloditas co seu Cadillac Solitario á colección de temas españois de Guitar Hero, que xa está dispoñible en descarga por 160 puntos (1,92 euros).
A canción pode utilizarse dende o Guitar Hero World Tour, de xeito que podemos interpretar tanto os seus instrumentos (guitarra, baixo e batería) como a súa voz.


Exemplo de interpretación do tema de Loquillo no Guitar Hero World Tour

PUBLICIDADE