LiveJournal censura versións eróticas de Harry Potter ante a indignación dos seus usuarios
martes, 7 de agosto do 2007
Mentres en España unha escena sexual nunha
portada dunha revista satÃrica dá moito que falar na Rede e no resto de
medios de comunicación, en EE.UU. a censura trasladouse ó servidor de bitácoras
LiveJournal que vetou
as páxinas de varios usuarios que publicaban historias eróticas protagonizadas
por personaxes da saga de Harry Potter.
As fanfiction, ou historias non oficiais de personaxes de pelÃculas
e libros elaboradas polos seus seguidores, son todo un xénero que na Internet
acada o seu apoxeo, e que sempre contou con versións picantes, polo que os seguidores e autores destas obras consideran
que a súa eliminación de LiveJournal constitúe un atentado á súa liberdade de
expresión.
- A imaxe máis representativa do polémico borrado de web en LiveJournal
O máis polémico da eliminación dos espazos virtuais da discordia está no feito
de que se eliminaron sen previo aviso argumentando que non cumprÃan coas normas
do servizo, sen permitir ós seus autores emendar as posibles faltas, nunha
operación de borrado que lembrou a algúns á que hai uns meses fixera SixApart
(empresa matriz de LiveJournal) con preto
de 500 diarios afectados.
Entre os casos que agora nos ocupan destaca o do usuario poderosa121, que incluÃa
unha imaxe na que se podÃa
ver ó profesor Severus Snape a piques de practicar sexo oral con Harry Potter,
escena denunciada como pederasta (aÃnda que non se indica a idade de Potter,
que ben poderÃa ter 18 anos na ilustración). Unha moza alcumada elaboration tamén
fixo algo semellante coa xemelgos irmáns de Ron Weasley (amigo de Potter), o
que tamén lle valeu a cancelación da súa conta en LiveJournal.
Os responsables de LiveJournal parecen só ver actividade sexual en imaxes que
outros consideran unha expresión artÃstica, polo que os implicados e
simpatizantes xa están a alertar de que o servizo non é axeitado para ninguén
que teña ningún tipo de inquedanza sexual, pois poderÃa ser marcada coma
obscena e provocar a eliminación dos ficheiros do usuario que as manifeste (cos
prexuÃzos que tal ocasiona). Asà pois, se ben moitos usuarios entenden os
termos do servizo de LiveJournal, os criterios e os sistemas de aplicación
resultan moi opacos, o que deberÃa preocupar a usuarios actuais e potenciais.