LibreOffice chega á versión 3.5

mércores, 15 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

LibreOffice 3.5 está dispoñible en galego

Froito do traballo de 16 meses por parte dunha media de 80 desenvolvedores chega finalmente o LibreOffice 3.5, nova versión estable do paquete ofimático de código aberto que inclúe numerosas novidades entre as que destacan as melloras para importar ficheiros con formatos non estándar orixinados con software de Microsoft. Como vén a ser habitual neste tipo de ferramentas, é posible descargala para Windows, Mac OS X e Linux de balde e en galego, este último detalle grazas ao traballo da comunidade de tradución coordinada por Antón Méixome.
Este nas melloras de LibreOffice 3.5 está un novo corrector gramatical integrado na aplicación Writer, que tamén mellora as súas características tipográficas, inclúe contador de palabras en tempo real e nova interface de usuario ara cabeceiras, pés e saltos de páxina; as ferramentas Impress/Draw tamén mellora a importación dende PowerPoint, filtro de importación de Microsoft Visio e outras pequenas melloras; Base conta cun novo controlador integrado de PostgreSQL; e Cal permite agora ata 10.000 follas de cálculo, axústase ás especificación ODF OpenFormula e outras melloras.

PUBLICIDADE