#Legalthinking achegará unha visión legal sobre a tecnoloxía, a robótica e a intelixencia artificial

luns, 13 de marzo do 2017 Marcus Fernández

O vindeiro venres a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña vai acoller unha xornada na que analizaranse as conexións existentes entre dereito e tecnoloxía e explorar os seus lindes a través da reflexión de varios profesionais, así como a loitar contra o risco que supón a desinformación sobre as implicacións legais do mundo 2.0 nas nosas vidas persoais e profesionais.
A primeira edición de #Legalthinking será unha actividade con entrada libre até cubrir aforo, que celebrarase a partires das 16:00 horas, repartindo os distintos relatorios en dous bloques: un sobre o dereito do futuro e outro sobre robots e intelixencia artificial.
A xornada desenvolverase seguindo a seguinte programación:
– 16:00 – Presentación do evento co Prof. Dr. Francisco Javier Sanz Larruga (catedrático de Derecho Administrativo UDC) e Víctor Salgado Seguín (Pintos & Salgado, @abonauta)
BLOQUE 1: PONENCIAS SOBRE O DEREITO DO FUTURO
– 16:15 – “Aspectos legais do desenvolvemento e a distribución de apps” con Bárbara Román (NoLegalTech, @abogadopenal) e José Manuel Sendín Rodríguez (NoLegalTech, @kuartillo)
– 16:40 – “eSports. Retos xurídicos da nova competición” con Hugo Pastoriza Costas (HPC Abogados)
– 17:05 – “Privacidade-imaxe do menor vs Límites da patria potestade” con Alicia Piña (ALIGALE Abogados, @alipinha)
– 17:30 – “Aspectos Legais de blockchain e Smartcontract” con Iago Otero Moreiras-#Abogados_504 (@abogadotero)
– 17:55 – Pausa para café
– 18:30 – “Recoñecemento biométrico e sinatura electrónica: quen somos e que asinamos” con Xoán González Dafonte#Abogados_504 (@xoangd)
– 18:55 – “1 ano da nova LECRIM (bugs e exploits)” con Luis Jurado Cano (avogado)
– 19:20 – “A libertade de expresión nas redes sociais” con José María Lozoya (Lozoya y Torres, Abogados; @jmlozoya)
BLOQUE 2: MESA SOBRE ROBOTS E INTELIXENCIA ARTIFICIAL:
– 19:45 – “Cara a un regulamento flexible e proporcionado dos drons” –André Castelo Pichel (APDTIC, Abogados Digitales, @ticandlaw)
– 20:10 – “Os novos Dereitos Humanos ante o avance da intelixencia artificial” con Víctor Salgado Seguín (Pintos & Salgado, @abonauta)
– 20:35 – “Responsabilidade e robética: ¿será, algún día, a máquina responsable dos seus actos?” con Miguel Vieito Villar (investigador en Dereito e asesor legal, @MiguelVieito)
– 21:00 – Fin do evento.

PUBLICIDADE