LaLiga achega os seus vídeos a través dunha aplicación para Windows 10

luns, 28 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Para facilitar o acceso aos contidos audiovisuais da Liga de Fútbol Profesional, a tenda de Windows 10 vén de estrear unha aplicación chamada LaLiga TV - Fútbol Oficial que podemos descargar de balde e que permítenos acceder a resumos en vídeo dos partidos da Liga BBVA, Liga Adelante e Liga Femenina, os vídeos das roldas de prensa da xornada, vídeos dos principais eventos deportivos promovidos por LaLiga e incluso resumos, directos e programas especiais realizados coa primeira división feminina.
A aplicación presenta seccións como Mi Equipo (que permite acceder directamente aos vídeos do noso equipo de fútbol preferido), En Portada (sección tamén configurable na que ver os últimos vídeos dos equipos da Liga BBVA e Liga Adelante), Favoritos (onde seleccionar e almacenar vídeos dos partidos de fútbol favoritos, para poder visualizalos cando queiramos) e Ver Más Tarde (para gardar contidos para a súa reprodución posterior). Na sección de configuración da aplicación tamén hai un apartado destinado a configurar as notificacións da aplicación por equipos, de xeito que podemos personalizar club a club se queremos que se nos indique cada vez se estrea un contido do mesmo na aplicación (podendo limitar as notificacións aos resumos ou aos vídeos da sala de prensa).

PUBLICIDADE