La Web Habla permite escoitar páxinas web en Android

luns, 7 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A tecnoloxía de conversión de texto a voz permite o acceso a contidos escritos a persoas con dificultades de visión ou incluso ao consumo de contidos escritos durante a realización de actividades nas que non podemos dedicarlles a debida atención (coma cando imos conducindo no automóbil), ao que agora quere contribuír a aplicación para móbiles Android coñecida coma WebTalks ou La Web Habla, que conta cunha versión de balde e outra de pagamento (2,99 euros), dende as que podemos configurar fluxos de información en RSS de xeito que podemos escoitar en voz alta de xeito doado os textos publicados en distintos xornais e blogs.
Esta aplicación tamén conta cun modo Offline, de xeito que descarga os contidos das webs que queremos ler para poder acceder ás mesmas cando non teñamos cobertura poderemos seguir accedendo oss mesmos.
A versión de pagamento destaca sobre a de balde (ou Lite) por ser multi-idioma (detecta o idioma dunha entrada para ler os textos na lingua correspondente, non conta con publicidade e tamén funciona en orientación horizontal.


Explicación do funcionamento de La Web Habla

PUBLICIDADE