LG achegará as 3D á Xbox 360

martes, 11 de maio do 2010 Marcus Fernández

Dende Sony levan moitos meses adiantando que no verán van actualizar a súa PlayStation 3 para adaptala aos novos televisores 3D, mentres Microsoft permanecía en silencio sobre este tema, e agora sabemos que chegaron a un acordo coa empresa surcoreana LG, que porá en xuño á venda os televisores LED LG 55/47LX9500 que permitirían gozar de xogos 3D coa Xbox 360.
Polo que podemos ver nunha fotografía publicada en Flickr, a combinación da Xbox 360 con televisores de LG para crear unha experiencia 3D é unha realidade, polo que haberá que agardar a que Microsoft dea máis detalles, posiblemente durante a celebración da feira E3 de xuño, na que tamén presentarán oficialmente o produto froito do Proxecto Natal, de xeito que a compañía de Redmond podería ter un segundo semestre do ano moi prometedor.

PUBLICIDADE