Koch Media rebaixa varios dos seus grandes títulos

mércores, 12 de maio do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados aos videoxogos recibirán de bo grado o anuncio de que a distribuidora Koch Media inicia unha promoción entre os días 12 de maio e 15 de xullo a través da que rebaixan múltiples títulos de peso do seu catálogo: Batman: Arkham Asylum poderase mercar por 29,99 euros para Xbox 360 e PS3; Mini Ninjas por 19,99 euros para PS3, Xbox 360, Wii e Nintendo DS e 9,99 euros para PC; Dissidia: Final Fantasy para PSP por 19,99 euros; Risen para Xbox 360 por 19,99 euros; Sacred 2: Fallen Angel para PS3 por 19,99 euros; Cursed Mountain para Wii por 19,99 euros; Streeet Fighter IV para PS3 e Xbox 360 por 29,99 euros; Dark Void (PS3 e Xbox 360), Bionic Commando (Xbox 360, PS3 e PC) e Monster Hunter Freedom Unite (PSP) por 19,99 euros.

PUBLICIDADE