Jordan, Johnson, Bird, Abdul-Jabbar e o Dr. J aparecerán en NBA 2K12

mércores, 3 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O xogo de baloncesto que trunfará esta tempada será sen dúbida o NBA 2K12, en boa medida por carecer de competencia, pero tamén porque promete ser algo máis que unha entrega máis dunha saga deportiva anual, xa que aproveitará a ocasión para permitir rememorar momentos míticos da NBA que lembrarán os que seguían no seu día o programa Cerca de las Estrellas de Ramón Trecet. Deste xeito, NBA 2K12 permitirá recuperar a 15 grandes estrelas da cancha, dos que polo momento só detallan 5: Julius Erving (Dr. J), Kareem Abdul-Jabbar, Magic Johnson, Larry Bird e Michael Jordan.
Cómpre destacar que que a estrea dos Philadelphia 76ers, Julius Erving, nunca cedera oficialmente a súa imaxe a un simulador de baloncesto, mentres que o resto de figuras son xa vellas coñecidas dos seareiros do xénero en PC, consola e recreativa.
En NBA 2k11 podiamos xogar ao Desafío Jordan, que permitía revivir 10 partidos lendarios de Michael Jordan, para desbloquear o modo MJ: La Creación de una Leyenda, e na entrega deste ano teremos o modo NBA’s Greatest, que incluirá a 15 figuras da NBA, pero que deberemos ir desbloqueando, nun reto que promete enriquecer este xogo que chegará ás tendas a primeiros de outubro.

O Dr. J, Michael Jordan e Kareem Abdul-Jabbar son 3 das 15 grandes estrelas que aparecerán en NBA 2K12

PUBLICIDADE