Jay e Bob estrean xogo con aire retro

venres, 21 de maio do 2021 Marcus Fernández

En moitos dos filmes de Kevin Smith saía un dúo carismático formato por Jay e Bob o Silencioso, que converteron en auténticas iconas culturais, chegando a inspirar películas, series de televisión e, agora tamén, videoxogos, comezando por Jay and Silent Bob: Mall Brawl, que estes días estrou versión para Xbox One, tras chegar tamén a Nintendo Switch e PC, e sorprende por levar ao extremo o seu carácter retro, que non se limita á súa estética e ás súas mecánicas de beat-em-up, senón que incluso chegou a venderse nunha versión para a clásica NES.
Que actualmente se creen xogos de loita con aire de consola de 8 bits e con opción cooperativa para 2 xogadores no máis puro estilo do clásico Double Dragon, pode resultar bastante ridículo, pero desta volta estamos ante unha homenaxe que en boa medida serve para quecer os motores para outro xogo do mesmo xénero, pero con gráficos actuais, como será Jay and Silent Bob: Chronic Blunt Punch, que leva bastante tempo en desenvolvemento e aínda non ten unha data de lanzamento prevista. De feito, este xogo está a financiarse mediante micromecenado, téndose completado con éxito a súa campaña de financiamento hai preto de 2 anos, aínda que é posible contribuír a esta iniciativa de xeito que as futuras achegas económicos enténdese como reservas dos produtos finais.

Vídeo promocional de Jay and Silent Bob: Mall Brawl

PUBLICIDADE