Javi Vázquez incorpórase a SetPay de cara ao seu lanzamento comercial

mércores, 7 de maio do 2014 Marcus Fernández

Javi Vázquez nun recente encontro con Andrés Leonardo Martínez Ortiz na Coruña

A empresa compostelá de medios de pagamento, SetPay, tras verse recoñecida polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) como mellor Iniciativa Empresarial e recibir un investimento de 100.000 euros por parte do Banco Sabadell, anuncia a incorporación como socio responsable do desenvolvemento de negocio a Javi Vázquez, emprendedor que participou na creación de startups tecnolóxicas de éxito como Igalia e Zentyal.
Deste xeito SetPay prepárase para o seu vindeiro inicio de operacións, pendente da autorización por parte do Banco de España, sumando a un profesional con máis de 12 anos de experiencia en múltiples postos de dirección e xestión e, en particular, no lanzamento e operación de novos produtos e servizos tecnolóxicos nos mercados nacional e internacional.
O conselleiro delegado de SetPay, David Pombar, recibe a incorporación de Vázquez asegurando que esta achega “permítenos completar o equipo necesario para o lanzamento comercial do noso terminal de punto de venda móbil (mobile POS) en España, ao que seguirán países. Os nosos socios actuais e mentores, incluíndo o Banco Sabadell, felicitáronnos por atraer a unha persoa como Javi, quen interesouse en SetPay ata o punto de converterse en investidor e socio”.

PUBLICIDADE