SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Intermax achega accesos de máis de 100 Mbps nas Nogais, Sobrado, Arzúa e Valdoviño

luns 13 de xuño do 2011, por Redacción | | Compartir | |

Intermax, empresa de Melide da que falamos hai pouco para dar conta dos traballos que está a despregar para achegar cobertura no Camiño de Santiago, segue a afondar na súa oferta de acceso ás redes naqueles recantos da nosa xeografía que ficaban até o de agora a contrapelo das mesmas. Segundo conta nun comunicado recente, xa deu comezo ás probas e comprobacións de banda larga e velocidades de máis de 100 Mbps nos concellos de As Nogais, Sobrado dos Monxes, Arzúa e Valdoviño.
Tanto estas ofertas de conexión a alta velocidade de Intermax como as precedentes estarán suxeitas a continuas melloras. Tal e como explica Javier Mouriño, director da empresa de Melide, “o acceso seguirá aumentando no curto e medio prazo, por iso nesta empresa só se usan tecnoloxías de última xeración preparadas para cubrir as actuais e futuras necesidades dos clientes”.
Acerca destas tecnoloxías, Mouriño apunta a que se trata de recursos evolucionados e avaliados polo miúdo para tirarlle o máximo partido ao WiMAX, acceso sen fíos a través de ondas de radio especialmente axeitados para lugares afastados, e que “permite unha cobertura total do 100% no ámbito rural”, engade.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS