Intel presenta un procesador para levar a Internet ao televisor

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Intel vén de presentar o seu procesador Intel Atom CE4100, destinado a levar os servizos e contidos da Internet ao televisor, aos reprodutores de DVD e a set-top boxes avanzados. Este procesador sería o primeiro System-on Chip (SoC) de 45 nm baseado en arquitectura Intel, e ten a potencia suficiente para procesar audio, vídeo, aplicacións multimedia e mesmo gráficos 3D dende un único chip. De feito, este procesador que funciona a 1,2 GHz é capaz de traballar con 2 fluxos de vídeo a 1.080p sen comprimir, soporta a certificación DivX Home Theater, vídeo en H.264, o reprodutor Adobe Flash 10 e OpenGL ES 2.0.
Esta tecnoloxía permitirá levar moitos contidos que actualmente vemos no PC ao televisor doméstico, a través de widgets, aplicacións de televisión interactiva, videoxogos baixo demanda…

PUBLICIDADE