Instagram proba o soporte de múltiples contas na súa versión para Android
venres, 27 de novembro do 2015
- Durante a pasada mañá desvelouse o soporte de múltiples contas na versión de proba de Instagram para Android
Dende esta mañá algúns usuarios inscritos ao programa de testing de Instagram (que teñen
actualmente a versión 7.12.0 da aplicación para Android) poden gozar unha nova opción
demandada dende hai moito: soporte de
múltiples contas. Deste xeito, na sección de Opcións da aplicación contan
nun novo apartado que permite engadir outra conta de usuarios, de xeito que nos
momentos nos que debe aparecer o nome de usuario na barra superior da
aplicación, se prememos no texto poderemos abrir un menú no que poder conmutar
entre as distintas contas de usuario configuradas ou incluso poder engadir un
nome de usuario novo.
Ao parecer esta nova funcionalidade non está activa para todos os usuarios de
proba da aplicación, senón que está a espallarse entre os mesmos, polo que
algúns aÃnda terán que agardar para poder gozar desta nova posibilidade que
agradecerán especialmente os que fagan un uso profesional de Instagram, xa que
asà terán facilidades para conmutar entre o seu usuario persoal e as distintas
contas profesionais que xestionen. Enténdese que tras un pequeno perÃodo de
probas o soporte para múltiples contas de usuarios converterase nunha
funcionalidade oficial (que chegarÃa tamén a outros sistemas operativos móbiles).