InstaPic facilita o acceso a Instagram dende tablets con Windows

luns, 28 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Non parece haber dúbidas no feito de que, á hora de compartir fotografías a través de dispositivos móbiles, a aplicación Instagram é o grande referente, pero cando nos afastamos de iOS, Android e Windows Phone temos problemas para acceder a tal plataforma, que limítase a permitir a súa visualización vía web, cunha reducido nivel de interacción dende os escritorios informáticos, para o que xorden aplicacións como InstaPic, un completo cliente de Instagram para Windows 8, que pode resultar de grande utilidade para tablets con Windows 8 ou incluso para ordenadores de sobremesa e portátiles, dende os que fai doado facer uso de Instagram.
InstaPic permite rexistrarse e identificarse como usuario, facilita a carga de fotografías en Instagram podendo incluso facer axustes e aplicar filtros sobre as imaxes, deixa realizar comentarios e gustar de imaxes e incluso podemos aproveitar a aplicación para gardar en local as nosas imaxes e vídeos favoritos.
A aplicación funciona dun xeito moi semellante aos clientes de Instagram oficiais, pero tirando proveito das funcionalidades de Windows 8, de xeito que permite, por exemplo, que coloquemos a un usuario na pantalla de Inicio do noso equipo para axilizar o acceso ás súas fotografías e vídeos. Esta ferramenta é compatible tanto con Windows 8 como con Windows RT.

PUBLICIDADE