SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Iniciador Galicia celebra o seu 2º aniversario o vindeiro venres

martes 3 de maio do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 73.5 KB
O concelleiro de Promoción Económica de A Coruña manifestou o seu interese na promoción do emprendemento tecnolóxico en Galicia

Esta mañá no auditorio de EXPOCoruña tivo lugar a presentación do evento de celebración do 2º aniversario de Iniciador Galicia que terá lugar o vindeiro venres, asistindo ao acto os organizadores María Encinar e David Pombar, a directora xerente de EXPOCoruña, Ana Montes, e o concelleiro de Promoción Económica de A Coruña, Henrique Tello.
Na súa intervención, David Pombar fixo un repaso dos comezos de Iniciador en Galicia e da evolución dos últimos anos no tocante ao emprendemento tecnolóxico, destacando que ao redor desta serie de eventos que organizan confórmase «un ecosistema que favorece a creación de riqueza e empregos de calidade» grazas ao favorecemento do emprendemento, especialmente no sector TIC.

JPEG - 313.7 KB
David Pombar fixo un repaso da historia de Iniciador en Galicia

María Encinar agradeceu o apoio do Concello e de empresas privadas como R na organización de Iniciador Galicia, evento que pretende contribuír a converter a Galicia nun «paraíso tecnolóxico», idea coa que tamén coincidiu Henrique Tello, concelleiro que asegurou acadar unha rápida sintonía con iniciativas como esta, de aí que prestase o seu apoio á súa celebración en A Coruña.
Encinar e Pombar tamén aproveitaron o acto para presentar o estudo do Observatorio do Clima do Emprendedor 2011 realizado por Iniciador coa colaboración de Sage, que está dispoñible para a súa descarga en formato PDF.
Lembremos que a celebración do 2º aniversario de Iniciador Galicia terá lugar a partir das 18:00 horas do vindeiro venres, e que para asistir é preciso inscribirse previamente vía web, sendo a súa participación totalmente de balde.


Estudo do Observatorio do Clima do Emprendedor 2011 presentado esta mañá en EXPOCoruña

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS