Ineo afonda este mércores nas vantaxes de empregar factura electrónica

luns, 10 de decembro do 2007 Fernando Sarasketa

Ineo segue adiante na súa tarefa de acadar que o mundo empresarial e o das novas tecnoloxías da información vaian sempre parellos e inseridos un no outro. Deste obxectivo é de onde xorde a sesión organizada pola plataforma para este mércores 12 de decembro: o Foro de Orientación Estratéxica Factura Electrónica que se vai celebrar na sede de Ineo na Area Portuaria de Bouzas en Vigo.
A xornada, que estará presidida por Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, dará comezo ás 16.15 e contará coa presenza de Juan José Segura, da Axencia Estatal da Administración Tributaria, quen afondará nos usos e vantaxes da factura electrónica e, en xeral, das ferramentas telemáticas que nos permiten facer a través das redes e con seguridade todo tipo de operacións de xestión interna e máis externa.
Ademais, na xornada participará José María Lozoya de Asesores Xurídicos Lozoya e Torres e máis Beatriz Domínguez, de TLRSoft, representando a Ineo.

PUBLICIDADE