Humble Bundle oferta ferramentas para facer os nosos propios xogos de rol

xoves, 29 de maio do 2014 Marcus Fernández

Skyborn é un dos xogos que inclúe o novo Humble Bundle semanal

A promoción semanal de The Humble Bundle que se estou hoxe está a ser unha magnífica nova para moitos seareiros dos xogos de rol clásicos, pois pagando a partir de 12 dólares permite conseguir un lote de produtos e contidos valorados en máis de 370 dólares, sendo tamén posible pagar cantidades inferiores para facerse con edicións dos lote máis limitadas. Entre os contidos que figura neste lote humilde temos tanto videoxogos completos como editores para que poidamos crear os nosos propios xogos RPG sen coñecementos de programación (incluíndose tamén numerosos contidos para enriquecer estas ferramentas).
Esta promoción semanal está dividida en tres niveis segundo a cantidade achegada, de xeito que pagando ata 6 dólares teremos o creador de xogos RPG Maker VX Ace co seu primeiro lote de contidos descargables e os xogos Skyborn, Sweet Lily Dreams e un lote de 4 títulos creados co RPG Maker. Pagando máis de 6 dólares tamén podemos facernos con creador de xogos RPG Maker XP con 2 dos seus paquetes de contidos, os xogos To The Moon, Deadly Sin 2 e cinco títulos caseiros. E, finalmente, os que paguen máis de 12 dólares poderán conseguir o Game Character Hub (ferramenta que permite personalizar os gráficos para os xogos RPG), un novo paquete de contidos e o xogo Legionwood 2.

O RPG Maker VX Ace permítenos facer os nosos propios xogos de rol

PUBLICIDADE