Huawei alcanza o récord de velocidade de transmisión de datos na rede GSM/EDGE
venres, 22 de xaneiro do 2010
Huawei, a compañía provedora de solucións de
rede de telecomunicacións de última xeración para operadores de todo o mundo, vén
de anunciar o establecemento dun novo récord de velocidade de transmisión de
datos en redes GSM-EDGE (Enhanced Data
rate for GSM Evolution), promediado en 564 Kb/s nun test realizado recentemente
con tecnoloxía DLDC (DownLink Dual Carrier).
Este récord de
velocidade, dúas veces máis rápido que o existente en redes EDGE, permítelle aos operadores incrementar “de maneira eficiente” a capacidade da
rede de datos e proporcionar unha experiencia 3G a moitos usuarios GSM, tales
como servizos de datos móbiles de alta velocidade incluíndo trasmisión de vídeos
en directo ou vídeo baixo demanda (VOD).
Segundo informan
dende a compañía, a tecnoloxía EDGE “mellora significativamente a experiencia de
usuario grazas a transmisións de datos máis rápidas, mellor calidade do servizo
(QoS) e unha menor latencia da rede”.
A innovadora
solución EDGE+ de Huawei, por outra banda, permite
aos operadores de GSM migrar as súas actuais redes EDGE a EDGE+ sen problemas, de forma rápida e a un custo
efectivo simplemente actualizando o software, permitindo a evolución futura a 3
GR e posteriores sistemas sen engadir hardware adicional.
Utilizando as
bandas de frecuencia GSM existentes, a tecnoloxía
EDGE+ de Huawei proporciona unha cobertura de datos
móbiles de alta velocidade sen fisuras e é unha das primeiras redes de 3 G que fai posibles que os
móbiles reciban streaming
a tempo real dende Internet cunha baixa latencia. EDGE+ pode xestionar os
servizos móbiles de banda ancha de alta velocidade sobre redes de datos
HSPA+/LTE para asegurar a continuidade e dispoñibilidade dos servizos de datos
móbiles. EDGE+ protexe do mellor modo o 2 G OPEX das operadoras e aumenta o ingreso medio por usuario
(ARPU) de redes 2 G.