High Voltage poderÃa crear «xogos de alta calidade» para Wii
martes, 4 de novembro do 2008
A primeiros de
2009 chegará para Wii o xogo The Conduit
de High Voltage, que destacará porque os seus responsables están a desenvolver
un motor gráfico que tire proveito da capacidade do hardware da Wii, de xeito
que deixe de verse coma unha Gamecube cun mando sensible ao movemento, e as
súas posibilidades gráficas se comecen a facer visibles.
Quitando a calidade que poida ter The
Conduit, resulta interesante saber que os creadores do xogo pretenden
rendibilizar o motor gráfico creado para máis xogos, e nunhas declaracións
a WiiRInControl un dos responsables de High Voltage, Eric Nofsinger,
asegurou que poderÃan
desenvolver pronto un RPG para a Wii, e tamén incide no feito de que
haxa poucos tÃtulos para hardcore gamers
na consola doméstica de Nintendo, polo que poderÃan traballar en cubrir ese
espazo deixado por certos xéneros infra-representados no catálogo da Wii.
Entendemos asà que High Voltage non se quere limitar a seguir a corrente de
creación de xogos sinxelos dirixidos a un grande público, e prefire gañarse ao
público máis tradicional das consolas de videoxogos facendo «xogos de alta calidade».