HP poderÃa integrar webOS nas súas impresoras
mércores, 19 de maio do 2010
Coa adquisición de Palm por
parte de HP agardabamos ver cedo unha renovación da estratexia en produtos coma
os smartphones ou o tablet coñecido coma HP Slate, e durante
a presentación dos resultados económicos da compañÃa o seu máximo responsable,
Mark Hurd, confirmou que van levar o sistema operativo desenvolvido por Palm, o
webOS, a
distintos tipos de dispositivos «incluÃndo
tablets e impresoras conectadas á web», de xeito que nos
vindeiros meses poderiamos ver impresoras con pantalla táctil para controlar as
súas funcións máis avanzadas, o que serÃa unha interesante proposta da
compañÃa.
¿De qué poderÃa servir introducir webOS en impresoras? Pois aparte de para
controlar as funcións habituais, substituÃr aos distintos botóns e poder facer
uso das mesmas coma fotocopiadoras avanzadas, incluso poderÃa aproveitarse para
realizar directamente a impresión de contidos na Internet, coma páxinas web,
fotografÃas en servizos en liña e documentos en rede. Unha serie de
posibilidades para o que normalmente as impresoras precisarÃan estar conectadas
a un PC, de xeito que gañarÃan en liberdade e versatilidade, especialmente en
contornos empresariais.