Guitar Hero 5 incluirá novos modos de xogo
luns, 18 de maio do 2009
A franquÃa de Guitar Hero quere
continuar a liderar as vendas e non quedar atrás en innovación, polo que xa
anuncian detalles para o Guitar Hero 5
que chegará no verán para Xbox 360, PlayStation 3, PS2 e Wii, e que por
primeira vez permitirá cambiar a composición dos grupos que formemos cos nosos
amigos, non só no tocante á súa aparencia, senón tamén
na selección de instrumentos que utilicen, de xeito que será posible facer
case calquera combinación de guitarras, baixos baterÃas e cantantes. Será asÃ
posible contar cunha formación con 3 guitarras e un cantante, con 2 baterÃas e
un baixo… o que pode parecer unha tolerÃa, pero permitirá que a xente goce ao
tocar sempre que queira o seu instrumento favorito.
Guitar Hero 5 contará con 2 novos
modos de xogo: Party Play (no que os
xogadores poden cambiar de modo de xogo, dificultade e canción dun xeito moito
máis rápido que os actuais) e Rock Fest
(que presente distintos modos de enfrontamento cara a cara tanto en liña coma en modo local).
O xogo tamén carecerá de temas desbloqueables, de xeito que dende o primeiro
momento poderemos interpretar calquera tema en Partida Rápida, o que agradecerán os usuarios que teñan máis
tÃtulos da saga, e que non se verán forzados a rematar un xogo máis para poder
gozar dos seus temas preferidos.
No tocante ao repertorio,
están confirmados os temas Sympathy for
the Devil dos Rolling
Stones, All Along Teh Watchtower de
Bob Dylan, Blue Orchid dos White
Stripes, No One To Depend On de
Santana, Runnin Down a Dream de Tom
Petty, Ring of Fire de Johnny Cash e Sex on Fire de Kings of Leon.