Google renova o seu buscador de imaxes

mércores, 21 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O buscador de imaxes de Google superou os 10.000 millóns de imaxes indexadas, o que celebran renovando o servizo, de xeito que as imaxes cobran un maior protagonismo que o texto e resulta máis sinxelo ver varias imaxes á vez (ao colocar o cursor sobre unha imaxe, esta aumenta de tamaño e amósase a información sobre a mesma) e non é preciso cambiar de páxina para seguir vendo imaxes (ata un total de 1.000 nunha única páxina de desprazamento). Este cambio está a propagarse polos distintos servidores de Google, de xeito que debería chegar a España en breve.
Esta renovación de Google Images tamén busca un novo xeito que rendibilizar economicamente o servizo, cun novo formato publicitario chamado Image Search Ads, que só aparecerán neste apartado do buscador, e que destacarán sobre fondo amarelo na parte superior dos resultados de busca.

O redeseño estrea un novo formato publicitario

PUBLICIDADE