Google recomenda aplicacións para Android dispoñibles en España

martes, 30 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Gasolineras España e iTrafico resultan de grande utilidade durante as viaxes

Abril pode ser un importante mes para o sistema operativo Android en España, e conscientes diso dende Google ran un pequeno repaso ás aplicacións máis interesantes desta plataforma para o público español que serían: iTrafico (con información do estado das estradas obtida a través da DGT), Sanitas (guía médica de Sanitas, con información sobre centros adscritos a tal aseguradora, farmacias dispoñibles e outros detalles), Gasolineras España (amosa no mapa as estacións de servizo que estean máis preto, e o prezo do carburante en cada unha), Titulares (con novas de El Mundo, El País, ABC, Expansión, La Vanguardia, MARCA, As, Resultados Mundo Deportivo, Herald, Clarín, Libertad Digital, INFOBAE, La Tercera, Cinco Días, El Periodico, Público e algún máis), ABC.es (con información publicada na web do xornal ABC, incluíndo na súa versión 2.3 a posibilidade de consultar o IBEX 35), Metroo (amosa comercios, restaurantes e outros negocios próximos), Cercanías Renfe (permite consultar os horarios dos trens de Cercanías de Renfe), ServiCaixa Venta de Entradas (para mercar entradas a espectáculos de cine e teatro), Tuenti Móvil (cliente para Android da plataforma de redes sociais de referencia en España que incluso permite o chat en tempo real dende o móbil) e Spotify (cliente deste servizo musical mediante streaming para os seus usuarios de pagamento).

Os horarios das Cercanías Renfe e as novas do ABC tamén están dispoñibles a través de aplicacións de Android

PUBLICIDADE