Google integra a súa tenda de revistas en Google Currents

mércores, 20 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Google Play Kiosco facilita a lectura de medios en liña como Código Cero

Para estar ao día da actualidade Google non quere que empreguemos unha aplicación de lectura de novas, unha aplicación de revistas e outras aplicacións oficiais de blogs e xornais, senón que pretende centralizar toda esa actividade nunha única aplicación, Google Play Kiosco, que xa está dispoñible para tablets e móbiles con Android, e que concentra todas as fontes de novas nun único lugar, cunha aparencia moi visual e coa posibilidade de almacenar contidos para a súa lectura fóra de liña.
O Google Play Kiosco ofrece máis de 1.900 publicación de balde e de pagamento, ás que facilita a súa subscrición, no que vén a ser a fusión de Google Play Magazines e Google Currents (de feito, permite conservar as subscrición de Currents na nova aplicación). A nova aplicación permite que accedamos a xornais como The Financial Times, The New York Times e The Wall Street Journal; achega o acceso a versión en alta definición de revistas como Rolling Stone, TIME, Vanity Fair e Wired; facilita a agregación de contidos de numerosos blogs e tamén permite subscribirse aos contidos de páxinas web como CNET, Huffington Post e Código Cero.

A nova aplicación facilita o consumo de contidos dende tablets con Android


Vídeo de presentación de Google Play Kiosco

PUBLICIDADE