Google estrea un servizo de busca de produtos e comparación de prezos

martes, 3 de maio do 2011 Marcus Fernández

O servizo Google Shopping chega hoxe en beta a España123, facilitando aos usuarios atopar información sobre produtos, comparar os seus prezos e características e acceder á páxina web das tendas que os comercializan, de xeito que facilítase o encontro entre vendedores e consumidores a través dunha sinxela ferramenta á que podemos acceder dende o seu enderezo principal ou a través da barra lateral que aparece nos resultados de busca ordinarios, premendo na etiqueta Shopping.
Nestes primeiros pasos do servizo o provedores indexados son moi limitados, pero calquera tenda é libre de participar en Google Shopping de balde incluíndo os seus produtos en stock nas súas tendas en liña a través do Google Merchant Center; sendo tamén posible anunciar o catálogo de produtos a través de AdWords Product Extentions (ferramenta que destacará a información achegada polos comerciantes a xeito de anuncio no momento no que sexa relevante para as buscas do usuario).
A chegada do servizo a España está dentro do proxecto Conecta tu Negocio, que busca promover a dixitalización da PEME.

PUBLICIDADE